Su promotora, Rosa Fernandez Salanova, me cuenta que será una buena y variada representación del panorama artistico de nuestra ciudad. Los artistas participantes serán:
Chuca Garrote(Ferrol)
Rosa Fdez. Salanova(Ferrol)
Luis Rapela(Ferrol)
Oscar Cabana(Coruña)
Corin Cervera(Ferrol)
Eduardo Hermida(Ferrol)
Ricardo Rilo(Ferrol)
Xoan Cerviño(Pontevedra)
Yolanda Dorda(Coruña)
Jose Rubio Gascón(Ferrol)-escultor
Joaquin Balsa(Orense)
y yo, Victoria Ruiz de Cortázar (de Ferrol de toda la vida :-)
Muchas Gracias Rosa por contar conmigo!!!!.....¡Un gran regalo!!!
Aquí dejo sus cuadros, todo sentimiento, reflexión, movimiento, armonía...vida...pero VIDA VIVA. Su blog
noticia diario de ferrol 14 de marzo 2009
A arte plástica de Ferrol e Terrasa irmandouse onte no Carvalho Calero
Desde onte Ferrol e Terrassa están un pouco máis preto, no que a tendencias culturais se refire. Da man da exposición “Novas Pontes”, inaugurada no Carvalho Calero, chega un intercambio artístico no que participan trece autores procedentes das dúas cidades.
Dar a coñecer as propostas culturais dos artistas ferroláns fóra de Galicia así como achegarse ás tendencias que predominan noutras zonas de España son os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa.
A artista ferrolá Rosa Fernández Salanova é a coordinadora deste proxecto en Ferrol, que conta co respaldo do Concello. “Os intercambios sempre enriquecen ás cidades”, comentaba onte no acto de inauguración. Ela foi a encargada de seleccionar ós sete artistas que representan a Ferrol nesta mostra. “O importante é amosar o que se está facendo pero recollendo os diferentes estilos e tendencias”, sinala Salanova.
Desde o meu ser (Rosa Salanova)
Eses mesmos obxectivos foron os que se marcou Antonio López “Neiro”, o coordinador por Terrassa, á hora de escoller ós seis artistas cataláns.
O resultado é unha mostra na que as tendencias artísticas das dúas cidades danse a man para amosar ó público un total de corenta pezas -tres por cada un dos participantes-. A maioría son pinturas aínda que tamén hai tres esculturas obra do ferrolán José Rubio Gascón.
Eduardo Hermida, Sara Garrote “Chuca”, Ricardo Rilo, José Rubio “Gascón”, Rosa Fernández Salanova, Xoán Cerviño e Yolanda Dorda son os sete representantes locais. Alfonso Cruz, Octavi Intente, Radio Zúrich, Miquel Mas, Carmen Valverde e Antonio López “Neiro” representan a Terrassa.
Eduardo Hermida (ver más sobre él aqui)
O proxecto “Novas Pontes” non estará completo ata que dentro dun ano a exposición que onte se abriu no Carvalho Calero viaxe a Cataluña para completar o intercambio cultural iniciado onte. Será na primavera do 2010.
1 comentario:
Pues felicidades Corin , te esperamos en Terrassa
Un abrazo
Neiro
Publicar un comentario